jueves. 28.03.2024

O futuro cemiterio construiráse ao carón do actual, que seguirá sendo de carácter eclesiástico

O Concello de Quiroga está un paso máis preto de ver o seu primer cemiterio municipal na localidade. A Xunta de Galicia autorizou a ocupación dos terreos para a construción destas instalacións que estarán a carón do actual camposanto eclesiástico.

En total ocuparánse 3.647 metros cadrados de superficie cun investimento de 440.000 euros. A maiores tamén construiráse unha nova rúa que dará servizo ao cemiterio e unirá a rúa Tallos co cuartel da Garda Civil. Ambas obras contarán cun orzamento que rolda os 650.000 euros. Prevendo que as máquinas comecen os traballos no vindeiro mes de setembro.

As instalacións contarán cun total de 1.036 unidades de enterramento novos entre panteóns e nichos. Tamén contará con dous columbarios para depositar as urnas das cinzas con 42 espazos cada un; e un local de culto aconfesional. E incluso se traballa na posibilidade de reservar un espazo para o enterramento de mascotas.

A decisión de construír un cemiterio, o primeiro de carácter municipal, ven dada pola necesidade de contar cun lugar para acoller aos defuntos, posto que o cemiterio da parroquia de Quiroga xa non ten dispoñibilidade de máis terreo, tal e como salientaba o rexedor Julio Álvarez no 2020 en Más de Uno Valdeorras.

A lei de competencias municipais día que é obrigación dos concellos dispoñer dun terreo mortuorio, polo que o concello deberá realizar esta obra.

Aínda que o novo cemiterio estará unido ao actual, o anterior seguirá sendo de carácter eclesiástico e o novo será municipal, polo que o seu terreo será tamén da súa propiedade. Para o seu bo funcionamento levouse a cabo un acordo co Bispado de Lugo para que o concello se encargue do mantemento dos dous e a Igrexa será quen se encargue da documentación en canto a asentamentos e rexistros tamén dos dous.

A Xunta autoriza o futuro cemiterio de Quiroga