
24 de julio de 2019, 20:31
Nestes momentos o lume chega ó pobo do Ermidón onde unha vivenda foi presa das lapas
Nestes momentos estase a queimar o monte preto de Montefurado, no pobo do Ermidón, onde unha das vivendas está a arder nestes momentos. O lume propágase a gran velocidade. Segundo nos informan desde o lugar, están a traballar na súa extinción dous helicópteros, unha brigada de montes, varias motobombas e os bombeiros.
O pasado 2 de
xullo outro lume producíase no mesmo termo municipal, daquela por riba do túnel
romano, preto da N-120 e da vía férrea.
Ampliaremos a información a medida que vaian chegando datos.