miércoles. 04.06.2025

A procura dos "Biosbardos" en Rubiá

A andaina nocturna arrancaba diante das piscinas Municipais ás 22.00 horas na noite do sábado 20 de xullo
somoscomarca_20240720_rubia_andaina_osbiosbardos
somoscomarca_20240720_rubia_andaina_osbiosbardos

Según a mitolóxia galega "os biorbardos" son uns seres que ninguén sabe describir perfectamente. Para cazalos hai que ir en noite escura a un camiño estreito e apartado, onde non se escoite o canto de galo nin de galiña, nin voces humanas, levando un saco grande, de boca ancha, hai que abrilo e invocalos.

Desta maneira, e con esta premisa, acudiron a cita 21 andarines, equipados con chalecos reflectantes e linternas, para percorrer os 12 qm nun tempo aproximado de duas horas.  A saída foi dende as piscinas, para continuar ata o río e alí lles esperaba unha  pequena subida a media montaña para logo coller unha pista entre os viñedos de Casal Novo e dende alí ao cemiterio para regresar as piscinas pola carretera, onde rematou a andaina.

Unha iniciativa con moi boa acollida polos veciños/as que desta maneira se xuntan e socializan, a vez que fan deporte

A procura dos "Biosbardos" en Rubiá