domingo. 08.06.2025

O Mercadiño Navideño Rubiá abriu as súas portas

Mercadiño de Nadal Rubiá
Mercadiño de Nadal Rubiá

O mercadiño Navideño Rubiá quedou aberto o público as 12:30 do sábado, 10 de decembro. Quedan por diante dúas xornadas nas que se poderá visitar este mercadiño en horario de 12:30 a 14:00 3 de 16:00 a 19:30.

Elías Rodríguez, alcalde de Rubiá, foi o encargado de abrir a mostra. “Levábamos tempo querendo facer unha iniciativa deste tipo, este ano decidímonos e  estamos gratamente sorprendidos pola resposta, que ate agora é extraordinaria, tanto no número de postos como de participación de xente”.

[df-caption title="Fina Crespo. Xoiería e orfebrería" url="http://somoscomarca.es/wp-content/uploads/2016/12/somoscomarca_rubia_mercadiñonadal_decembro_2016-2.jpg"]

O primeiro posto co que nos atopamos, a entrada,  é o de Fina Crespo, xemóloga e orfebre da Rúa. Leva 35 anos no mundo da xoiería pero debido a crisis agora traballa visutería aínda que si se lle encarga fai pezas en ouro e con pedras preciosas coma rubís ou diamantes. No seu posto poderase atopar, como nos dixo, “un pouquiño de todo. Colares feitos a man, algo de prata, porque a xente non gasta moito. Así que teño cousas adaptadas as circunstancias e ó que se leva, cintas para as rapazas, aneis, pendentes....”

[df-caption title="Doces e café para recibir ós visitantes" url="http://somoscomarca.es/wp-content/uploads/2016/12/somoscomarca_rubia_mercadiñonadal_decembro_2016-16.jpg"]

O carón do seu posto atópase unha mesiña con doces caseiros, bombóns e unha cafeteira con café recén feito para agasallas a todos os visitantes.

[df-caption title="Mayte Lorenzo. Segunda man e agasallos" url="http://somoscomarca.es/wp-content/uploads/2016/12/somoscomarca_rubia_mercadiñonadal_decembro_2016-3.jpg"]

Seguimos ca visita e o seguinte posto no que paramos é o de Mayte Lorenzo, no que atopamos cousas feitas a man, decoración de Nadal, saquiños de lavanda da súa horta e arigos de segunda man. Mayte ponse os domingos no mercadiño de segunda man que se fai no Barco. “Non poiden traer moitas cousas de segunda man pero teño peluches, cadros e algo de roupa”, dixo.

[df-caption title="Marián Guitian, restos de merchandising dun festival" url="http://somoscomarca.es/wp-content/uploads/2016/12/somoscomarca_rubia_mercadiñonadal_decembro_2016-11.jpg"]

Marián Guitián di que está no posto por poderes, realmente quen tería que estar é Sabino, pero como non puido está ela. Aquí atopamos os restos  de camisetas, gorras, bandoleiras e abanicos dun festival que se fixo no Barco no 2009. “De 1 a 3 euros cada cousa, todo moi baratiño para ver si nos desfacemos de todo e recuperamos un pouco daquel festival”

[df-caption title="Isabel, adornos feitos con cabazas e licores caseiros" url="http://somoscomarca.es/wp-content/uploads/2016/12/somoscomarca_rubia_mercadiñonadal_decembro_2016-4.jpg"]

Isabel ofrece cousas feitas con cabazas das que levan os peregrinos atadas no seu bordón e que ela transforma en poliños. Tamén hai bixutería, reloxos, fofuchas, patucos de calceta feitos a man, suxeita portas e licores artesáns. Os obxectos pódense encargar na tenda que posúe en Rubiá chamada Trastos.

[df-caption title="David González. Mel do "Tío Miguel"" url="http://somoscomarca.es/wp-content/uploads/2016/12/somoscomarca_rubia_mercadiñonadal_decembro_2016-5.jpg"]

No posto de David González atopamos a mel do “Tío Miguel”, recollida na zona de Manzaneda. David e máis o seu cuñado hai tres anos que se adican a recollida do mel e o nome púxollo porque foi o seu tío Miguel quen lle ensinou.

[df-caption title="Manoli. Roupa de bebé pintada a man" url="http://somoscomarca.es/wp-content/uploads/2016/12/somoscomarca_rubia_mercadiñonadal_decembro_2016-12.jpg"]

O seguinte posto pertence a Manoli e a súa filla. Veñen da Bañeza e segundo conta, “hai saquiños térmicos, colares, cadeas para chupetes, camisetas, babeiros e bodis pintados a man para os bebés,  axóuxeres”.

[df-caption title="Sheila e Tamara. Adornos para bebés e para rapaces" url="http://somoscomarca.es/wp-content/uploads/2016/12/somoscomarca_rubia_mercadiñonadal_decembro_2016-6.jpg"]

Sheila e Tamara teñen un posto enfocado aos nenos, complementos para o pelo,  con personaxes de moda. Para os bebés perfumadores,  peites, colgadores con nome. Tamén ratos para gardar os dentes e dependendo da época do ano, “facemos roupa personalizada, botas, zapatillas”.

[df-caption title="Colexio Virxe do Camiño. Adornos de Nadal" url="http://somoscomarca.es/wp-content/uploads/2016/12/somoscomarca_rubia_mercadiñonadal_decembro_2016-15.jpg"]

O colexio Virxe do Camiño de Rubiá tamén puxo un posto para recadar fondos para un musical que van ir ver a Madrid os rapaces de terceiro a sexto curso. Nel atopamos cousiñas feitas polos nenos, bolas para a árbore de Nadal, centros de mesa, estrelas, pinzas, calendarios...

[df-caption title="Victoria. Cousas feitas con estano" url="http://somoscomarca.es/wp-content/uploads/2016/12/somoscomarca_rubia_mercadiñonadal_decembro_2016-8.jpg"]

Victoria, unha andaluza que vive en Ponferrada ten un posto de cousas feitas en estano. Ten un negocio que se chama “Senderarte” . Estaba poñendo luz directa aos obxectos porque segundo contou, “os meus produtos, senón teñen luz,  son bonitos, pero si a teñen engalánanse moito mais”. Adícase a facer esta artesanía porque cando estivo no paro veu un vídeo púxose mans a  obra, a partir de aí descubriu que lle encantaba traballar o estano e o resultado encantoulle.

[df-caption title="Paco de Marifé. Artesanía en coiro" url="http://somoscomarca.es/wp-content/uploads/2016/12/somoscomarca_rubia_mercadiñonadal_decembro_2016-7.jpg"]

Paco de Marifé e un artesán do coiro, mochilas, pulseras, chaveiros, carteiras. Tamén tiña algúns obxectos de madeira e roupa. Fan obxectos por encargo e van a todos os mercados de artesáns que poden a vender os produtos.

[df-caption title="Laura. Cousas de segunda man e adornos de Nadal." url="http://somoscomarca.es/wp-content/uploads/2016/12/somoscomarca_rubia_mercadiñonadal_decembro_2016-9.jpg"]

Laura vende libros, xoguetes, peluches e cousas de segunda man en perfecto estado, Tamén centros de Nadal feitos por a súa filla e máis ela.

[df-caption title="Marisa. Cousas de Ibiza" url="http://somoscomarca.es/wp-content/uploads/2016/12/somoscomarca_rubia_mercadiñonadal_decembro_2016-13.jpg"]

Marisa trae os resto do que tiña no seu posto de Ibiza, flores para o pelo, roupa ou onde se queiran por, foulares, pedras enerxéticas, artesanía e xoiería.

Inma ten un pouco de todo desde chuches a colos de la feitos por ela, cadernos, monedeiros, aneis.

[df-caption title="Enma e Reyes. Libros, discos, goma eva, esoterismo. " url="http://somoscomarca.es/wp-content/uploads/2016/12/somoscomarca_rubia_mercadiñonadal_decembro_2016-14.jpg"]

Reyes ten libros, discos e DVD. A súa filla, Enma, divide o posto en tres partes, cousas para nenos feitas en goma eva. Na parte esotérica, cousas incas, maias, ollo turco, bruxas da sorte. E a última parte son cousas para o pelo.

[df-caption title="Laura. Organizadora do mercadiño" url="http://somoscomarca.es/wp-content/uploads/2016/12/somoscomarca_rubia_mecadiño_navideño.jpg"]

Laura, a organizadora do evento, atopábase chea de ledicia por como quedou a mostra e desexou que a xente fora a vela e a mercar algo. "A verdade e que esto quedou moi bonito, estou moi emocionada. Quedou ata pequeno o sitio elexido"

O Mercadiño Navideño Rubiá abriu as súas portas