A gastronomía une aos veciños de Rubiá
Maite, Sandra, Jessi, Isabel e Natalia, son as caras e voces visibles da Asociación "O Regueiral", organizadora desta "Gran paella", unha máis das multiples e variadas actividades que fan ao longo do ano, concretamente dende o ano 2020, data na que comenzaron a súa singradura. O yoga e o taller "O Fiadeiro", son outras das actuacións que teñen activas ao longo da semana e na que consiguen congregar a preto de 20 persoas en cada unha delas.
Desta maneira, ás 14.30 horas deste sábado, 16 de novembro, comenzaba o evento, que logrou congregar a máis de 100 persoas, dende avós, avoas, a netos e netas, dispostos a gozar dun ambiente amigable, animado e entrañable. O menú consistiu en entrantes, paella mixta con ensalada, postres, café, viño, auga e chupitos.
Ao remate desta suculenta comidada, chegou a hora de xogar ao bingo, donde pequenos e maiores compartiron uns momentos moi agradables e cheos de risas. Os cartóns, 3 ou 4 por persoa, foron entregados, de forma gratuita, polos membros da Asocición. Houbo premios para todos, así, os que "cantaron bingo", recibiron un libro, unha crema e bombóns; e os que "cantaron linea", unhas chocolatinas.