
18 de julio de 2019, 19:23
Os case 2.900 euros recaudados irán destinados a gastos do tratamento dos nenos
Representantes do Concello de Rubiá e do Grupo de Espeleoloxía e Montañismo Águilas Verdes entregaron hoxe á Asociación Española Contra o Cancro un cheque de case 2.900 euros, fondos recaudados na II Andaina e Trail Rubiá Solidaria polo Cancro Infantil.
Esta carreira benéfica, na que participaron máis de 250 persoas, celebrárase o pasado 9 de xuño na localidade valdeorresa. Os cartos reunidos destinaranse a cubrir desprazamentos e estancias en provincias de referencia para o tratamento do cancro infantil.