A Festa das Pandillas do Barco xa ten aberto o seu prazo de inscrición

A Festa das Pandillas do Barco xa ten aberto o seu prazo de inscrición.
Celebrarase o próximo 15 de setembro ás 12:00 horas no Malecón. Comezará cunha actuación da Charanga Unión Fhenosa e continuará cun xantar popular

Dende hoxe 26 de agosto está aberto o prazo de inscrición para a Festa das Pandillas das Festas do Cristo no Barco, que se celebrará o domingo, 15 de setembro, a partir das 12:00 horas na Praia Fluvial do Malecón.

Comezará cunha actuación da Charanga Unión Fhenosa de acceso libre para todo o público, e continuará cun xantar popular, para o que é necesario que as pandillas se inscriban previamente.

A inscrición para o xantar terá un custo de 10 euros por persoa, que se pagarán o día de celebración da Festa, no espazo habilitado para a mesma na Praia Fluvial. Os nenos menores de tres anos que asistan á Festa non deberán ser inscritos nin pagarán a cuota establecida para a inscrición.

Cada pandilla deberá ter como mínimo catro integrantes e nomeará a un representante, que será o encargado de facer o pago da cota de inscrición de todos os integrantes da pandilla á que represente. Cada grupo deberá levar un elemento que a identifique —pano, gorra, camiseta, etc…—, e haberá prazas limitadas.

As inscricións poden realizarse ata o día 9 de setembro, de dúas formas: de xeito presencial, no terceiro andar do Edificio Multiusos, ou por medio dun formulario web