domingo. 08.06.2025

Un novo aire tecnolóxico no Barco

O Concello do Barco de Valdeorras abre o prazo de inscripción a un novo curso de informática  para nenos e nenas de 8 a 10 anos.

A ensinanza  desenvolverase  entre o día 6 e 31 do mes de agosto en horario de 12:00 a 13:00. Executarase de luns a venres na aula CeMIT (Edificio Multiusos, segundo andar) e hai en total 15 prazas. A inscripción poderá realizarse a través da paxina  cemit.xunta.gal  sendo posible únicamente se es  usuario/a da rede ou de 12:00 a 14:00 na aula CeMIT.

Además impartirase tamén un fresco  curso de robótica e programación tech_kids con 16 prazas disponibles para nenos e nenas de 8 a 12 anos, que cursarase o día 29 de agosto de 09:00 a 14:00. Neste tempo percorrerase un circuíto con obstáculos levando dun punto a outro un escornabot. Esta actividade constará de tres posibles partes dependendo das idades dos participantes

Plástica: para os mais cativos debuxaremos e recurtaremos obstáculos para o escornabot.

Eléctrica: Coñeceremos as partes do robot e que función ten cada unha delas.

Programación: Iniciaremos na programación dando sinxelas ordes ao robot para que sexa quen de rematar o circuíto indicado. O "software" é preciso para que o robot faga o percorrido que lle indicamos.

De novo a matrícula levaráse a cabo a través da paxina  cemit.xunta.gal sendo usuario/a da rede ou de 12:00 a 14:00 na aula CeMIT.

Un novo aire tecnolóxico no Barco