
Un Nadal de actividades «clásicas e imprescindibles» no Barco

[row][double_paragraph][the_
A concellaría de Cultura do Concello do Barco presentaba na mañá do mércores día 12 de decembro o programa das festas de Nadal, composto de actividades «clásicas e imprescindibles» como o Concerto de Nadal do Conservatorio e da Escola de Música, o Festival de Panxoliñas ou a Carreira do Turrón, que este ano ademáis de celebrarse en sábado, adianta a súa saída pensando nos deportistas máis novos. Así o anunciaba a concelleira de Cultura, Margarida Pizcueta, resaltando que un ano máis, o Concello conta cós máis pequenos e as súas familias coma protagonistas.
Non quixo esquecer na súa presentación Pizcueta ó Apalpador, «outro clásico que marca a tradición galega, porque aquí en Galicia non temos Papa Nöel» explicou. Para apalapar as barrigas dos nenos e nenas barquenses, quixo lembrar a concelleira que virá o día 30 de decembro desta vez no teatro Lauro Olmo. Tamén facía referencia á Cabalgata de Reis do día 5 de xaneiro e a outras actividades que xa forman parte da programación ano tras ano, como son os hinchábeis e a pista de xeo «que xa é o cuarto ano que ven ó Barco; de feito cando fora do Barco mencionas que temos esta actividade a xente sorpréndese, as veces non somos conscientes da sorte que temos de poder desenrolar estas actividades nunha vila cun tamaño non excesivamente grande».
Mencionou tamén a concelleira o campamento de Nadal que organiza a Asociación Vagalume Valdeorras en colaboración co Concello, do 24 de decembro ao día 4 de xaneiro, e ao que os nenos e nenas, ata un total de 100, xa se poden apuntar na biblioteca ou na Librería Praxis.
Tamén contará o programa do Concello do Barco con outros ingredientes coma unha completa programación de cine comercial e teatro, ademáis de cunha exposición no hall do Teatro Lauro Olmo «que amosa a etnografía e ós fotógrafos en Galicia, onde temos fotógrafos que recolleron imaxes postais da Galicia rural e urbana, entre os que se atopa Rufino, un dos fotógrafos do Barco».
[/double_paragraph] [/row]