
Suso Vilasánchez (BNG) dimite como concelleiro no Barco de Valdeorras
Xavier Rocha será a nova incorporación o partido. Este é a primeira vez en política do novo membro do BNG polo Barco de Valdeorras

Suso Vilasánchez dimite do seu posto como concelleiro do Bloque Nacionalista Galego no Barco de Valdeorras. Así o anunciaba na rolda de prensa convocada para esta mañá, 11 de marzo.
Con este cambio, Manuel Agra será o novo portavoz do partido. Pero, para poder cubrir o posto de concelleiro de Suso Vilasánchez, Xavier Rocha será a nova incorporación o partido. Este é a primeira vez en política do novo membro do BNG polo Barco de Valdeorras.
Vilasánchez aproveitou este momento para explicar o que aconteceu no Concello do Barco nestes últimos anos, xa que «todo parece sorte, efecto Pontón ou de "chiripa"». Pero en realidade, «levantouno a loita diaria, o traballo e a suor», explicaba.
«Lamento mucho que lo deje, era una persona de consenso, me parece a mi. Lo veo como una pérdida, pero son decisiones personales y yo no puedo opinar», asegura o alcalde do Barco, Alfredo García.