
A campaña electoral xa está no seu clímax. O 18 de febreiro os galegos e as galegas están chamados as urnas para elixir o candidato ou a candidata que estará na Xunta de Galicia nos próximos catro anos. No caso do BNG podemos ver a un nome coñecido para a comarca, Suso Vilasánchez é o oitavo na lista.
O candidato conta cun percorrido as súas costas na política, xa que é portavoz do partido no Barco de Valdeorras e, tamén, fora candidato nas últimas eleccións municipais na alcaldía da vila.
Vilasánchez asegura que está «moi emocionado coa campaña que parece ter boa pinta. Vese ilusión e a xente moi receptiva, creo que podemos gañar». Dende o partido, asegura, que se está vendo unha receptividade «que non se vía antes, si se compara esta campaña ca de fai dúas eleccións, a xente retraíase cando lle ías dar o voto e unha propaganda e, agora, van buscala».
Aínda que mostre total optimismo en gañar estas eleccións, pero tamén considera que é «un tipo moi prudente, tamén dixen que nas municipais non iamos gañar a Alfredo, pero iamos pola súa maioría absoluta». Entón, cree que agora mesmo estase nesa situación, «non lle gañaremos o Partido Popular, pero vamos pola súa maioría absoluta, vamos sacalo do Goberno».
O programa político do BNG é moi extenso —conta con cerca de 200 folios que se poden descargar—, «entón, vamos centrarnos en Valdeorras e nos dous grandes problemas que afectan a poboación que é a sanidade e as comunicacións», explica Vilasánchez. Aínda que o candidato considera que «hai máis».
Sabendo os problemas que hai na zona, non querer deixar de destacar todo aquelo que é forte. «Ten un sector industrial da louxa e do viño moi competitivo e, tamén, o sector servizo. Entón, o problema é máis de exportación», asegura.
Para Vilasánchez é importante facer unha síntese de como se atopa o país para entender os proxectos que se teñen dende o partido BNG. Por exemplo, explica que dende vai «14 anos, o país ten 51.200 empregos destruídos, 22.500 autónomos menos e 4.127 extinguidas», estas son só algunhas das moitas cifras que proporciona o candidato.
Con todas elas, afirma que «somos máis pobres, isto tradúcese en que hai case un 24 % da poboación en exclusión social, 200.000 mozos emigrados e cada vez que emigra un, emigra a capacidade de manter a poboación». Entón, o candidato, asegura que con todo isto, e máis, «estase perdendo a capacidade de volver a crear riqueza».
Explicadas estas cuestións, Vilasánchez, fai especial fincapé en que ante esa «realidade social é ante a que o BNG ten que facer propostas». Estas suxestións pódense dividir en dous grandes bloques, as xenéricas e as que están centradas para a zona de Valdeorras.
«Nas xenéricas queremos ter un concerto económico con plena capacidade de xestión dos impostos soportados na Galiza», asegura. Aparte disto, tamén se quere promover un «imposto de sociedades que se incorpore o sistema de financiamento económico» para aquelas empresas que traballan na comunidade autónoma, pero que «pagan en Madrid. Entón, queremos intentar que esas empresas coticen aquí».
Tamén teñen en mente propostas como unha «banca pública galega e un Instituto Galego de Crédito e Investimento. Tamén queremos demandar o Goberno Central un rescate bancario», explica o candidato do partido.

«Pretendemos incluír a Galiza no Corredor Atlántico, xa que está fora. Nos cando dixemos que tiñamos sectores produtivos, as veces o que non temos e maneira de sacalos», comenta. Por isto, esta proposta considérase unha «parte importante».
A luz e as peaxes entran neste programa. Por isto, se comprometen a «intervir no sector eléctrico galego, abaratar as peaxes e aumentar a cobertura do bono social considerando as características climáticas de vivenda. Prohibir cortes de luz a familias en risco de exclusión e potencias o outro consumo».
A sanidade tamén é algo co que está comprometido o partido, «tanto por Noa Presas como por Ana Pontón que este hospital, esta zona, vai ter unha ambulancia de soporte vital avanzado. Tamén unha unidade de silicose ou de pneumoloxía». Polo tanto, considera que o «sistema sanitario non se adapta ás necesidades da comarca».
Por todo isto e moito máis, cree firmemente en que «si que se pode cambiar, podemos cambiar o sistema sanitario, o concepto que hai sobre a necesidade do rural. Podemos tren, mellores comunicacións». A única cuestión e que os veciños «crean que si que se pode e votedes a Ana Pontón. Eu non teño ningún interese en ser político, é máis, si Ana Pontón gaña retírome».
Vilasánchez cerra súa intervención cunha pregunta «¿Este é o país que lle queredes deixar os nenos?».