viernes. 29.03.2024

Así se decidiu na reunión do comité sanitario celebrado este martes en Santiago de Compostela

O comité clínico da Consellería de Sanidade acordou na tarde de este martes ampliar as restriccións que afectan ao Concello do Barco de Valdeorras e que se aplicarán a partir das 00 horas do vindeiro xoves.

Na reunión decidiuse prohibir as xuntanzas de persoas non convivintes no Barco de Valdeorras, o comité considera conveniente reforzar as medidas de prevención co obxecto de protexer, coa máxima intensidade posible, a saúde da poboación  e conter os contaxios para evitar a súa propagación máis aló desa zona.

Con estas medidas, a intención de Sanidade é poder actuar de xeito más selectivo e con maior rapidez ante a aparición de casos nunha zona concreta. É por isto que, fronte ás medidas adoptadas para toda a comunidade autónoma dende o principio da pandemia, quérese agora acoutar o máis posible, podendo restrinxirse e regularse determinadas actividades xa non por áreas sanitarias, senón por concellos, cidades ou mesmo barrios.

Ademais entran en nivel 2 os concellos das comarcas do Carballiño, Ourense, O Ribeiro, Allariz, Verín e O Barco. Entre estas restricións xerais deste nivel destacan a limitación dos aforos ao 50% nos establecementos comerciais, de restauración e hostalería -onde ademais estará prohibido o consumo en barra-, así como en bibliotecas, academias, autoescolas e centros privados de ensino non regrado entre outros.

Sanidade prohíbe as reunións de non convivintes no Barco