lunes. 09.06.2025

Sabes que facer e onde ir esta fin de semana?

Ademais de desfrutar das paisaxes únicas, das zonas de baño ou de paseos pola contorna tamén podes ir a festas gastronómicas, populares, a concentracións de motos, quedadas racing, baixar en bici desde Cabeza Grande..., un montón de plans para non aburrirte

Moitos e variados plans para esta fin de semana nas comarcas de Valdeorras, Terras de Trives e  tamén en Vilariño de Conso.

desfilecomparsas_carnavrao_arua (53)

Carnavrao na Rúa

Xa comezaba onte o Carnavrao na Rúa cunha cena popular na calle da Estación. Máis de 600 persoas reuníranse para celebrar o San Cristovo, do cal recibe o nome a asociación que organiza esta xuntanza popular ao redor dunha longa mesa

Hoxe será o día do desfile de comparsas no Carnavrao. A partires das  20:00 horas sairán os grupos disfrazados desde a zona de bares do Campogrande ata o concello, onde estará situado o xurado que concederá premios as tres mellores comparsas e a parella mellor disfrazada. Logo o desfile segirá pola rúa doutor Vila ate chegar á Praza da Estación.

Concentración Mototurística «Os Esquios de Trives»

E da Rúa imos a Trives, onde esta fin de semana Os Esquíos  de Trives celebran a décimo oitava edición da concentración mototurística. Como reza o cartaz anunciador «Comer, beber e desfrutar».

Hoxe sábado a partires das dez da mañá reabren as inscripcións e as Ruta turistíco-gastronómica. Ao regreso, Ruta Barítima con "Porco ao Espeto" acompañada coa música de Macizas Centrais.

A partires das 20.30 gran churrascada. As 23.00 horas ruta e bengalas en honor aos compañeiros caídos na estrada. Ás 23:55 horas,, exhibición acrobática  e ás 01:00 horas,  actuación musical a cargo de "Sintrom".

O domingo ás  9:30 horas, almorzo e a partires das 10:30 horas, gran ruta mototurística por  espectaculares paisaxes e pinchada. Ás 13.30 horas, comida e entrega de premios.

Tsunami Manzaneda

E seguindo no Macizo central de Trives achegámonos a Cabeza Grande onde o domingo 9  se celebra unha nova edición de Tsunami Manzaneda. A saída será desde a Estación de Manzaneda  (1778mts)  ata o pobo de Manzaneda (657mts)

Baixada en modo avalancha en grupos de 50 Bikers e «codo con codo» por onde se poida  entre pistas espectaculares e sendeiros de todos os niveis.

somoscomarca_sancristovo_vilariñodeconso_pueblos_2023925 (2)

Festas de San Martiño en Vilariño de Conso

Xa que baixamos a Manzaneda tiramos para  Vilariño de Conso ás Festas do San Martiño que se celebran esta fin de semana.

Día 8 de xullo ás 13:00 horas, misa solemne e sesión vermú na praza do pobo. Xa pola tarde ás, 17:00 horas, xogos para os pequenos na área recreativa e unha hora máis tarde, partido fútbol sala amistoso "Vilariño F.S. - Selección da Zona" . Pola noite festa e verbena na área recreativa coa orquestra Kubo e Dj Josete, a partir das 21:30 horas.

O domingo, misa solemne na honra a San Martiño as 13.30 horas pero antes sesión vermú na praza do pobo. Ás 21:30 horas, verbena coa orquestra La Travesía.

Festa coveira, en Arcos

Arcos celebra a sétima edición da Festa Coveira o 8 sábado a patires das 20.00 horas. O percorrido polas covas de Arcos estará amenizado pola agrupación Abertal e Os Bertolini.

Non faltarán bos pinchos para acompañas os grolos de viño. A cunca ca que te agasallan na entrada poderás enchela en dez adegas o peche das adegas e covas protagonizarao Don Godellín coa súa procesión de porta en porta levará aos asistentes á praza da festa onde actúa Daniargu DJ

somoscomarca_quereño_viñotapeo_2023 (39)

Festas de San Cristovo, en Quereño

Ata o nove de Xullo Quereño celebra a festa na honra do patrón san Cristovo.  Hoxe a misa e a procesión será na honra á Milagrosa, a hora ás 21:00 horas. Ás 21:00 horas, baile coa orquestra "La Florida Band"  a partires da 01:00 horas, verbena coa orquestra "La Florida Band" e "Disco Móvil Starblack"

O día domingo ás 13:15 horas, misa e procesión na honra a San Cristovo. Xa pola tarde baile amenizado polo "Dúo Musical la Hora Bruja" que tamén actuará na verbena.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA
OLYMPUS DIGITAL CAMERA

III KDD Racing Petín

A partires das 10 da mañá ata cerre en Petín. Coma todos os anos haberá unha zona de slalom, acampada, stand racing, bar e dj na zona de exposición e moitos agasallos.

Feira do Viño de Valdeorras 2022, despedida y cierre (8)

XXIV Feira do Viño de Valdeorras, na praza de Viloira.

Sábado 8 de xullo 12:00 horas: Apertura do recinto feiral, na Praza de Viloira.

13:00 horas: Inauguración oficial da feira. Pregoeiro Manuel Jabois

20:00 horas: Cata dunha selección de viños da D.O. Valdeorras maridados con queixos das catro D.O. galegas, nos xardíns da Casa Grande

23:00 horas: Concerto do grupo "En Mala Hora"

Domingo 9 de xullo

12:00 horas: Obradoiro de cociña infantil nos Xardíns da Casa Grande. O primeiro turno comezará ás 12:00 horas e o segundo ás 13:45 horas

12:00 horas: Cata Popular dunha selección dos mellores viños da feira, na Casa Grande de Viloira. Actividade gratuita

20:00 horas: Cata de viños da D.O. Valdeorras maridados cunha selección de pinchos elaborados polo Bar Bajo 5, nos xardíns da Casa Grande

21:00 horas: Showcooking con Héctor López do grupo nove, cociña creativa feita en Galicia, nos xardíns da Casa Grande

22:30 horas: Entrega de premios da Cata Popular no recinto feiral

Durante toda a xornada do sábado 8 de xullo a Charanga Brexit amanizará a feira con música en directo. O domingo día 9 actuará o Grupo de Cantos de Taberna Os Pándega

Sabes que facer e onde ir esta fin de semana?