domingo. 01.06.2025

O roteiro literario “Atención! Xente lendo!” cumpre dez anos

Pepe Izquierdo, profesor do IES Laura Olmo, comparte detalles da festa e das actividades realizadas durante o evento que tivo lugar ao longo da mañá do venres 30 de maio no Barco
somoscomarca_20250530_obarco_praiafluvial_roteiroliterario_ieslauroolmo (3)

Na mañá deste venres, día 30, O Barco de Valdeorras viviu unha xornada especial coa celebración da décima edición do roteiro literario “Atención! Xente lendo!”. Pepe Izquierdo, profesor do IES Laura Olmo, foi o encargado de presentar esta iniciativa que, un ano máis, busca fomentar o amor pola lectura entre o alumnado de ESO e 1º de Bacharelato.

somoscomarca_20250530_obarco_praiafluvial_roteiroliterario_ieslauroolmo (1)

Durante a mañá, os estudantes saíron polas rúas do Barco para realizar diferentes actividades relacionadas coa literatura. Este ano, a novidade foi a interacción con veciños e veciñas, que axudaron a resolver varias probas durante dúas horas, entre as 9 e as 11 da mañá, creando así un verdadeiro lazo entre a comunidade educativa e o vecindario.

​ ​

As actividades remataron na Praia Fluvial de O Malecón, onde gozaron dunha festa repleta de música e letras en galego para celebrar a década deste roteiro literario. Grupos de profesores e alumnos, como Escalabán e o Grupo Lenda, Trapeiros, Luz, Antía e Irene, participaron na celebración, realizando lecturas, presentacións e actuacións musicais.

Durante aproximadamente unha hora, a beira do Sil  encheronse de ritmo e cultura, homenaxeando as letras galegas con música en galego, sempre desde o orgullo da lingua, afirmaba Izquierdo. Os rapaces de segundo de ESO foron os encargados de presentar as actividades, mentres que o público disfrutaba do ambiente festivo

O roteiro literario “Atención! Xente lendo!” cumpre dez anos