lunes. 23.06.2025

Cabalgata dos Reis Magos: estos son os posibles cambios que haberá se chove no Barco

Dende o Concello do Barco queren esclarecer todas as dúbidas sobre a recepción
somoscomarca_cabalgatareismagos_obarco_2022 (11)
Cabalgata dos Reyes Magos

Chegan a súas Maxestades Os Reis Magos, pero con eles tamén chegan a choiva e o mal tempo. 

Dende o Concello do Barco queren esclarecer todas as dúbidas que se están xerando sobre a recepción das súas Maxestades e o seu percorrido polas rúas do municipio. 

«Comunicamos que as carrozas están preparadas para recoller aos Reis Magos na Estación de Autobuses, e iniciar o percorrido ás seis da tarde ata a praza do Concello para a recepción co alcalde», explican dende o Concello. 

No caso de ter choiva nas horas previstas do desfile, os Reis Magos trasladaranse directamente á praza do Concello, onde se celebrará a recepción, e despois todos os nenos e nenas poderán ver aos Reis nos tronos que se situarán na zona cuberta. Neste acto tamén se fará entrega de caramelos. 

No caso de suspensión da cabalgata, os Reis estarán cos paxes e as gardas reais, pero non cos nenos que acompañan aos reis nas carrozas. «De tódolos xeitos, avisarase a cidadanía dos cambios que se decidan, a través de medios de comunicación e redes sociais» avisan dende o Concello. 

As carrozas están preparadas, os caramelos tamén. Só falta que todos, nenos e maiores, salgan á rúa para recibir aos Reis.

Cabalgata dos Reis Magos: estos son os posibles cambios que haberá se chove no Barco