viernes. 30.05.2025

¿Queres ir ver a obra teatral "Nada se sabe" a Santiago de Compostela?

O Concello do Barco vén de abrir as inscricións para reservar unha das 28 prazas de autobús
somoscomarca_250122_nadasesabe974

O Concello do Barco de Valdeorras sóbese ao autobús do teatro co programa de mobilidade do Centro Dramático Galego. Nesta ocasión a obra será "Nada se sabe" dirixida por Ignacio García e Fran Rei. 

Este espectáculo conta con un elenco integrado por catro actores con diversidade funcional. Ademais, o fío condutor aborda diversas versións da discapacidade no teatro clásico deténdose na adaptación moderna e sinxela que firma Manuel Lorenzo a partir de Filoctetes, unha das traxedias de Sófocles.

A data elixida da representación é o 2 de febreiro ás 18:00 na capital galega. O transporte sairá dende a praza do concello do municipio barquense ás 13:45 e regresará ás 20:00. 

Dende o luns, 20 de xaneiro, xa están dispoñibles as entradas de maneira presencial no Teatro Lauro Olmo; por correo electrónico (cultura@concellodobarco.org); ou no teléfono 988.32.00.53. 

¿Queres ir ver a obra teatral "Nada se sabe" a Santiago de Compostela?