martes. 03.06.2025

"Quere o teu mercado" regresa este sábado á praza de abastos do Barco

Con esta iniciativa preténdese incentivar o consumo de produtos frescos e resaltar os valores a compra local
Día do Praceiro na praza de Abastos do Barco (9)
Día do Praceiro na praza de Abastos do Barco

A praza de abastos do Concello do Barco participa este sábado, 25 de maio, na campaña "Quere o te mercado". Unha proposta realizada polos concellos e a Xunta de Galicia. No caso do Barco, a Xunta achega agasallos para os clientes e o concello organiza actividades. A maiores, entregará bolsas rotuladas para que todos os praceiros as entreguen os clientes. 

Durante esta xornada poderanse desfrutar de dúas actividades:

  • De 11:00 a 12:00 actuará Kote Malabar. Circo de rúa, con teatro de malabares e «moito humor», segundo aseguran dende o concello barquense. 
  • Dende ás 11:00 ata peche, as persoas que se acheguen ata a praza de abastos terán a oportunidade de degustar pratos elaborados con produtos que se venden alí.

 

"Quere o teu mercado" regresa este sábado á praza de abastos do Barco