"Quere o teu mercado" regresa este sábado á praza de abastos do Barco
21 de mayo de 2024 (13:37 h.)
Con esta iniciativa preténdese incentivar o consumo de produtos frescos e resaltar os valores a compra local
A praza de abastos do Concello do Barco participa este sábado, 25 de maio, na campaña "Quere o te mercado". Unha proposta realizada polos concellos e a Xunta de Galicia. No caso do Barco, a Xunta achega agasallos para os clientes e o concello organiza actividades. A maiores, entregará bolsas rotuladas para que todos os praceiros as entreguen os clientes.
Durante esta xornada poderanse desfrutar de dúas actividades:
- De 11:00 a 12:00 actuará Kote Malabar. Circo de rúa, con teatro de malabares e «moito humor», segundo aseguran dende o concello barquense.
- Dende ás 11:00 ata peche, as persoas que se acheguen ata a praza de abastos terán a oportunidade de degustar pratos elaborados con produtos que se venden alí.