











)

O sábado 5 de xullo, ás 18:30 horas, o recinto do Silfest Valdeorras acolleu unha actividade moi especial: unha cata de cócteles exclusivos elaborados con licores de Barbudos e destilerías de Galicia, titulada "Pinga na lingua. Atreveste?". Conducida pola recoñecida enóloga Cecilia Fernández, a sesión deixou a todos os asistentes con ganas de máis, grazas ás súas propostas atrevidas e cheas de sabor.
A actividade comezou cunha introdución a diferentes combinacións de mosto, ginebra e outros ingredientes locais. Cecilia propuxo experimentar con mosto da zona, que se mestura con ginebra de amaret, estilo doce, tipo porto de indias, de ginebra de fresa, neste caso con mosto de godello e con zumo de lima, creando combinacións frescas e sorprendentes. Tamén se probaron cócteles con herbas e mel do Marquesado, un toque de aceite valdeorrés, e un refrescante con licor de café e licor de limón con zumo de limón, que deixou a todos "abraiados".

Para completar a experiencia, a organización preparou un pequeno ágape con froitas, gominolas, bombóns de aceite e algo de chocolate, para equilibrar os sabores e gozar dunha tarde chea de sabores autóctonos. A actividade foi unha oportunidade perfecta para descubrir que na comarca tamén se fan cousas interesantes e innovadoras en canto a cócteles e gastronomía.

En definitiva, "Pinga na lingua" foi unha cata atrevida e divertida, que animou a todos a experimentar con produtos locais e a descubrir novas formas de disfrutar da gastronomía de Valdeorras. Unha cita que sen dúbida deixou pegada nos paladares dos asistentes e que invita a seguir explorando os sabores da terra.