
Os XVIII Encontros Familia-Escola de Vagalume volven a poñer o acento na «maridaxe neurociencia-educación»
Un ano máis e xa van 18, celébranse en Valdeorras os Encontros Familia-Escola orgizados pola Asociación educativa Vagalume Valdeorras. E un ano máis, e xa van cuatro, o tema central será a neurociencia. «Porque tres anos non foron suficientes, de feito a maridaxe neurociencia-educación está comezando, non hai conclusións pechadas, e o último que se investigou estará presente nas conferencias deste ano».
Así nolo conta Pepe Fernández, a persoa que está ao fronte da asociación, que defende así a idea de que Vagalume «sempre pretendeu estar en primeira liña da actualidade educativa». Os beneficiados delo serán unha vez máis os alumnos, «os grandes esquecidos cando deberían ser os protagonistas, porque son persoas cun potencial incríble, infinitamente maior que o dun adulto, por iso son importantes e hai que telas en conta», explica.
Os Encontros contarán un ano máis con expertos en neurociencia de talla nacional e internacional, e serán de asistencia gratuita, agás unha das conferencias, a do mago Xuxo Ruiz, que por primeira vez será de pago - 5€ -. Comezarán o vindeiro 27 de febreiro, cun dos pratos fortes desta edición, a intervención do doutor en neurociencia pola Universidade de Oxford, o doutor Francisco Mora Teruel.
Tras él, haberá cinco oportunidades máis de achegarse á temática deste ano, con personalidades coma o profesor de neuroeducación Jesús Guillén, o especialista en Audición e Linguaxe J. Ramón Gamo, ou o especialista en creatividade Jose M. Toro. Pechará os Encontros, un ano máis, a principal representante internacional na investigación sobre educación emocional, Begoña Ibarrola.
XVIII Encontros Familia-Escola. Escola con cerebro. Escola con corazón.
27 de febrero, Francisco Mora Teruel, «Neuroeducación. El maestro, la joya de la corona de un país».
13 de marzo, Xuxo Ruiz, «Educar con magia. La magia de educar».
27 de marzo, Jesús Guillén, «A emoción é o motor da apredizaxe».
24 de abril, J. Ramón Gamo, «Cómo sobrevivir na escola con TDAH, Dislexia e Trastorno da Aprendizaxe non verbal».
8 de maio, José M. Toro, «O recuncho de pensar, como un lugar de castigo?».
29 de maio, Begoña Ibarrola, «Aportaciones de las neurociencias a las familias».
Tódalas conferencias terán lugar no Teatro Lauro Olmo do Barco ás 19:30 horas. Para escoitar a entrevista completa a Pepe Fernández, na seguinte ligazón.