sábado. 20.04.2024
somoscomarca_critiano nazario_camiño de inverno_2022
O paso pantasma de Ronaldo Nazario por Valdeorras

Segundo informaba EFE o presidente do Real Valladolid, Ronaldo Nazario, o domingo  comezou a percorrer o Camiño de Santiago cumprindo a promesa feita o seu equipo acadaba a primeira división.

Elixía o Camiño de Inverno para cumprir o ofrecemento e, os Valdeorreses emocionámonos. Uns simplemente querían ver á lcelebridade, mentres outros víamos a oportunidade de dar máis visibilidade a un Camiño que aínda que recoñecido fai pouco é un dos que ten as paisaxes máis fermosas, a dicir dos que por el pasan.

Segundo informaba a axencia estatal de noticias, o presidente do Real Valladolid faría as etapas en bicicleta eléctrica. O luns remataba en Molina, así que o martes tocáballe entrar en Galicia, pola porta de entrada que é Valdeorras, pero tras durmir en Villafranca —qué non sei que ten que ver co Camiño de Inverno— decidiu ir a Quiroga para comezalo, ou iso cremos xa que por Valdeorras nos se lle viu o pelo.

Fomos moitos os que agardamos no Malecón o seu paso por Valdeorras pero de repente apareceu en nas súas redes sociais que estaba en Quiroga, non sei se foi por teletransportación ou porque foi o xeito de actuar dun pantasma —isto último é o que pensan moitos dos que querian velo pola comarca. O caso é que pasar pasou, porque de Villafranca a Quiroga hai que pasar polo Barco pero ninguén o viu e iso indignou a moitos dos xeadeiros  e dos que non o eran, a estes últimos máis.

Como dicía unha seguidora de Cristiano, «Si fose o de verdade paraba», non sei se iso sería certo pero a verdade e que Ronaldo defraudou a moitos valdeorreses por non parar en Valdeorras, aínda que fose de «postureo», porque iso foi o seu paso polo Camiño unha pura mentira. Vergoñento!

Ronaldo Nazario perdiches o mellor do Camiño de Inverno!

O paso pantasma de Ronaldo Nazario por Valdeorras