viernes. 31.03.2023

Pais e fillos xogan no pavillón por xentileza do Centro Comercial Aberto O Barco

A campaña do CCA «Con P de pai» premiou as compras de marzo nos establecementos asociados ao centro comercial con un circuíto de xogos deportivos inchables no que pais e fillos formaban equipo
portada_somoscomarca_cca_diapadre_juegos_inchables_03_13-3244 (1)
portada_somoscomarca_cca_diapadre_juegos_inchables_03_13-3244 (1)

A asociación Centro Comercial Aberto O Barco —CCA—montou, nesta xornada de sábado 18 de marzo, véspera do Día do Pai, un circuíto de xogos en inchables deportivos para festexar o día do proxenitor, coa campaña «Con P de Pai».

En principio era para desfrutar destes xogos o aire libre na praza do Concello, pero a chuvia fixo que se trasladase ao pavillón vello.

Catro inchables deportivos onde pais e fillos e fillas xogaron en parella para acadar a puntuación mínima, en cada inchable. A recompensa por acadar a puntuación foron vales de compra para investir nos establecementos asociados.

portada_somoscomarca_cca_diapadre_juegos_inchables_03_13-3244 (3)

Os xogos desenroláronse desde as 11 da mañá ata as 13.30 horas. Pola tarde pais e fillos compartiron tempo de divertimento e xogos  entre as 17.30 e as 20.00 horas.

Para participar nos xogos obrigábase a presentar un tícket de compra dalgún establecemento asociados ao CCA O Barco, con data do mes de marzo e importe mínimo de 5€.

portada_somoscomarca_cca_diapadre_juegos_inchables_03_13-3244 (2)

Pais e fillos xogan no pavillón por xentileza do Centro Comercial Aberto O Barco