lunes. 09.06.2025

Chega a Octava do Corpus a Viloira

A vindeira fin de semana celébranse en Viloira as Festas da Octava do Corpus. Tras as comunións dos nenos e nenas da parroquia celebradas o pasado domingo, no vindeiro, día 10 de xuño, volverán a saír en procesión coas súas mellores galas, acompañados da xente do pobo e das actividades programadas para a ocasión. En Somos Comarca quixemos achegarnos ata alí a falar cos membros da comisión de festas, que tras a recaudación de 18.000 euros, presentan o programa:

Somos Comarca: ¿Cómo é iso de que os nenos e nenas da parroquia de Viloira vanse volver a vestir de gala esta fin de semana?

Roberto: En Viloira fanse primeiro as comunións, e o fin de semana seguinte, facemos a festa. Os nenos que fixeron a comunión o domingo volven a salir cas súas mellores galas na procesión, acompañados polo pueblo.

SC: ¿É duro ser da comisión de festas dun barrio?

Roberto: Hay que dar moitas voltas...

Manolo: É moi cansado porque levamos pedindo dende fai tres ou cuatro meses.

SC: Catro meses con pluriempleo, chegar de traballar e poñerte a buscar diñeiro para financiar á festa...

Roberto: Achegámonos ata o Barco pedindo para os anuncios do programa de actos e o que non pode, compra rifas para o sorteo.

Manolo: Sorteamos unha televisión de 55 pulgadas que está moi ben, unha cámara deportiva e unha tablet. O sorteo farémolo o domingo na festa. A xente que comprou as rifas debe estar o domingo na festa para recoller o regalo.

SC: E, ¿cómo é iso de organizar unha festa?

Poldo: A festa terá lugar o venres, sábado, domingo e o luns. Para todos este días traemos orquestas dentro das posibilidades que temos, as que mellor nos parecen. As que nos gustan a nós e as que nos recomendan. As mellores que podemos coller. Coa París de Noia, claro, non podemos.

SC: Contádenos o programa...

Poldo: O venres temos discoteca móvil a partires das 00:00 horas, o sábado Breixa Band en sesión vermut, baile a partires das 21:00 horas e na verbena a partires das 01:30 horas. Ao día seguinte, o sábado ás 17:00 horas, haberá partido de vellas glorias contra as novas promesas no campiño de Viloira. Nos gustaría que a xente se animase a vir á sesión vermut e de paso lle dea vidiña aos bares da zona que tamén colaboran.

Roberto: O domingo cara as 10.30 horas, empeza a alborada co grupo de gaitas Celtas Largos polo pobo, ás 12:00 horas temos a misa solemne e a procesión cos nenos da primeira comunión. Ás 14:00 horas comeza a sesión vermut coa orquesta Saudade. E ás 17:30 horas temos xogos para que veñan tódolos nenos, con festa da espuma, colchonetas, e premios para todos. Ás 21:30 horas comeza o baile con Saudade e durante o descanso faremos o sorteo das rifas. Á 1:30 a mesma orquesta amenizará a verbena.

O luns é unha especie de festivo local en Viloira, os comercios abren ata ás 13:00 horas. Disfrutaremos nesa mañá da música do pasarrúas Manía e a orquesta Tango comezará a tocar ás 20:00 horas ata as 23:00 horas, que o martes hai que ir a escola.

Tan só queda confiar en que non chova e senón, tamén é moi divertido bailar con paraugas no caso de que non escampe.

Chega a Octava do Corpus a Viloira