
O Cristo 2018, unhas festas «con moita arte»

[/double_paragraph][double_paragraph]
A[/dropcaps] concelleira de Cultura, Margarida Pizcueta, presentaba na mañá do 30 de agosto unhas Festas do Cristo «con moita arte», en referencia ao diseño do cartel e do programa, feito polas mans dos artistas Enrique Rodríguez Coquixo e Joli Domínguez, e en referencia tamén ao pregoeiro, cuxa responsabilidade recae nesta ocasión en Xelo de Tremiñá. «Ao que agradezo o esforzo que fixo aceptando a invitación», explicou Pizcueta.
O programa, presentado aos medios e que estará nas rúas a comezos da vindeira semana, comezará xa a fin de semana do sábado 8 e domingo 9 de setembro, posto que, como argumenta o alcalde, Alfredo García, «ao ter un día menos, as actividades programadas concentrábanse tanto que decidimos facer un preámbulo máis noso, poñendo en valor o local». Durante o resto dos días da festa, 12, 13, 14, 15 e 16 de setembro e coma tódolos anos, haberá «orquestas, actividades para nenos e actividades deportivas, todos os ingredientes típicos das Festas do Cristo para que ninguén bote en falta o que as define». Como cabeza de cartel das actuacións musicais desta ano, disfrutarán os barquenses do concerto de La Habitación Roja a las 23:00 horas del sábado día 15.
Enmarcando a programación, este ano o Concello do Barco secunda a campaña da FEGAMP titulada De troula con sentido, na que o concello xa pediu por escrito tanto ás orquestas coma aos artistas «que a teñan en conta evitando na medida do posible cancións que inciten a unha falta de igualdade entre homes e mulleres», afirmou a concelleira de Cultura.
O concelleiro de Deportes, Aurentino Alonso, destacaba a 52 edición do Descenso do Sil, que terá lugar o sábado día 15 e que será presentada a semana que ven nun acto especial. 120.000 euros foi o presuposto utilizado para a organización das Festas do Cristo 2018.
Se deseas consultar ás actividades programadas durante as festas, podes atopalas no seguinte documento:
[/double_paragraph] [/row]