Nenas en nenos encheron o centro de disfraces nunha xornada soleada na que tamén houbo merenda
O Colexio Julio Gurriarán de O Barco celebró por todo lo alto la fiesta del Entroido. Foi unha xornada moi especial, chea de ledicia, merenda música e sol.
O tema deste ano foi adicado á música. Nenos e nenas disfrazáronse de salseiros/as —concretamente os de Educación Infantil—, dos anos 50's—Grease (1º e 2º), hippies (3º e 4º) e rockeiros/as heavies (5º e 6º).
Como todos os anos, houbo un concurso de carteis de Entroido, sesión de fotos, desfile e gran baile fin de festa con moita animación.
O centro escolar agradeceu a implicación das familias e a súa colaboración, especialmente, á ANPA Aturuxo Anpa Julio Gurriarán que, como sempre, prepararon «o rico chocolate para acompañar os doces caseiros que trouxeron os nenos e nenas», indicaron dende o colexio.
Pero a festa non remata aiquí. Nos vindeiros días, con motivo dos desfiles de Entroido programados en O Barco e Rubiá, nenos e nenas do «Julio Gurriarán» lucirán os seus disfraces nas comparsas.
Unha vez mais a festa amosou que festas como o Entroido supoñen outra forma de inculcar valores a os rapaces, desenvolver a súa imaxinación e creatividade. Ademais, con ista representación se contribúe á posta en valor e conservación de tradicións como é o Entroido.
O alumnado disfrutou convertíndose noutras persoaxes que deron vida e color ó centro escolar durante unhas horas. A maxia do Entroido voltou a conquistar ao alumnado, profesores e as nais e pais que se achegaron a vivila celebración.
Perante os días previos, preparouse con moito mimo e detalle os traxes para dar vida ás comparsas do centro escolar. Todo un traballo que supuxo o recoñecemento do público que acudiu ó centro escolar para disfrutar da xornada de disfraces.