
O CEIP Condesa de Fenosa, premiado no V Concurso de Traballos por Proxectos da Xunta

O CEIP Plurilingüe Condesa de Fenosa de O Barco resultou galardoado no V Concurso de Traballos por Proxectos baixo a coordinación da biblioteca escolar, convocados pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional para estimular o deseño e desenvolvemento de iniciativas interdisciplinarias ou de investigación nestes espazos. No conxunto de Galicia, foron premiados 17 centros educativos. Na provincia de Ourense sólo dous, o valdeorrés e o IES Celanova Celso Emilio Ferreiro.
O traballo realizado polo centro do Barco leva por título Explorando a Galaxia 3B-nus. Os centros da provincia galardoados fórono na segunda modalidade das tres co que conta o certame, centrada en proxectos de investigación dirixidos por profesorado dun grupo, nivel, ciclo ou departamento.
Esta convocatoria enmárcase no Plan LÍA (Lectura, Información e Aprendizaxe) de Bibliotecas Escolares 2016/20, que ten entre os seus obxectivos propiciar a aprendizaxe por proxectos e outras metodoloxías activas, empregando os recursos e servizos da biblioteca. Deste xeito favorécese o traballo en equipo, intercentros, así como o desenvolvemento das competencias clave e, en concreto, a mellora da competencia informacional e mediática (ALFIN/AMI).