«Un Madrugón pasado por auga»

Sobre uns trinta nadadores e nadadoras desafiaron á chuvia e o mal tempo baixando nadando desde a Capitana até a praia fluvial do Barco para cumplir coa tradición do Madrugón

VVDentro das Festas do Cristo, a primeira hora da mañá do día grande da festividade os máis valentes baixan a nado o Sil desde a zona de San Roque ata a praia fluvial, nas inmediacións do casino barquense. Nesta ocasión foron uns 30 participantes os que lle plantaron cara a auga.

A vixésimo oitava edición do Madrugón celebrouse «pasada por auga», como dixo bromeando o concelleiro de Deportes, Aurentino Alonso, que tamén participou nesta proba. E, é que a chuviosa mañá deste 14 de setembro, non desanimou aos participantes que se «mollaron» e, cumpriron coa tradición do Madrugón. 

Pablo e Grit saíndo da auga tras a chegada á praia fluvial

Ás 8 da mañá, con puntualidade xermánica, os nadadores saíron da zona coñecida como A Capitana, no casaco vello do Barco para chegar até a praia fluvial.  Os participantes podían ir disfrazados e algúns así o fixeron.

O concelleiro de Deportes, Tino Alonso, tamén se «mollou»

A chegada un agasallo do Concello e un chocolate con churros que se repartiu no pavillón vello, por mor da chuvia.

Naya, a cupida deusa do amor, saíndo das augas do Sil

O primeiro en chegar foi Pablo Israel e detrás a súa dona Grit Hagen, ambos recibiron un agasallo especial. Martina Aller recibiu o premio á primeira nadadora menor de 15 anos e Amadeo Real ao primeiro nadador desta categoría.

Martina Aller co premio a muller menor de 15 anos e a do bañador máis orixinal

Os premios individuais ao traxe de baño máis orixinal recaeron en dúas mulleres xa que os homes non se animaron a facer creacións orixinais, estes recaeron en Martina Aller, vestida de bailarina y Naya Venzal de «Cupida, deusa do amor». O premio a familia máis numerosa foi para Pablo Fernández e o do máis veterano para Turi (Careca).

No centro da imaxe, turi, o nadador máis veterano deste Madrugón

Os premios especiais consistiron en xamóns e unhas cestas especiales feitas para a ocasión.

Sinalar que os nadadores foron acompañados polos piragüistas do Fluvial Barco que colaboran desde hai anos coa organización do Madrugón. Abren e cerran o traxecto e acompañan aos participantes por si ocurre algún percance. Tamén Protección Civil, GES e a Policía Local colaboran coas tarefas de seguridade.

Madrugón Festas do Cristo 2022 (18)

«Moitas grazas por vir un ano máis. Este ano foi pasado por auga, pero pasámolo ben igual e divertímonos que era do que se trataba, polo tanto o da festa está cumplido e agora uns churros. A desfrutar!»

Foto de familia do Madrugón

Vídeo da chegada á praia fluvial e recollida de premios.