
Madrugón Festas do Cristo 2022 (2)

Madrugón Festas do Cristo 2022 (4)

Madrugón Festas do Cristo 2022 (3)

Madrugón Festas do Cristo 2022 (5)

Madrugón Festas do Cristo 2022 (6)

Madrugón Festas do Cristo 2022 (7)

Madrugón Festas do Cristo 2022 (8)

Madrugón Festas do Cristo 2022 (9)

Madrugón Festas do Cristo 2022 (10)

Madrugón Festas do Cristo 2022 (11)

Madrugón Festas do Cristo 2022 (12)

Madrugón Festas do Cristo 2022 (13)

Madrugón Festas do Cristo 2022 (14)

Madrugón Festas do Cristo 2022 (15)

Madrugón Festas do Cristo 2022 (16)

Madrugón Festas do Cristo 2022 (17)

Madrugón Festas do Cristo 2022 (18)

Madrugón Festas do Cristo 2022 (19)

Madrugón Festas do Cristo 2022 (20)

Madrugón Festas do Cristo 2022 (21)

Madrugón Festas do Cristo 2022 (22)

Madrugón Festas do Cristo 2022 (23)

Madrugón Festas do Cristo 2022 (24)

Madrugón Festas do Cristo 2022 (25)

Madrugón Festas do Cristo 2022 (26)

Madrugón Festas do Cristo 2022 (27)

Madrugón Festas do Cristo 2022 (1)

Madrugón Festas do Cristo 2022 (28)
VVDentro das Festas do Cristo, a primeira hora da mañá do día grande da festividade os máis valentes baixan a nado o Sil desde a zona de San Roque ata a praia fluvial, nas inmediacións do casino barquense. Nesta ocasión foron uns 30 participantes os que lle plantaron cara a auga.
A vixésimo oitava edición do Madrugón celebrouse «pasada por auga», como dixo bromeando o concelleiro de Deportes, Aurentino Alonso, que tamén participou nesta proba. E, é que a chuviosa mañá deste 14 de setembro, non desanimou aos participantes que se «mollaron» e, cumpriron coa tradición do Madrugón.

Ás 8 da mañá, con puntualidade xermánica, os nadadores saíron da zona coñecida como A Capitana, no casaco vello do Barco para chegar até a praia fluvial. Os participantes podían ir disfrazados e algúns así o fixeron.

A chegada un agasallo do Concello e un chocolate con churros que se repartiu no pavillón vello, por mor da chuvia.

O primeiro en chegar foi Pablo Israel e detrás a súa dona Grit Hagen, ambos recibiron un agasallo especial. Martina Aller recibiu o premio á primeira nadadora menor de 15 anos e Amadeo Real ao primeiro nadador desta categoría.

Os premios individuais ao traxe de baño máis orixinal recaeron en dúas mulleres xa que os homes non se animaron a facer creacións orixinais, estes recaeron en Martina Aller, vestida de bailarina y Naya Venzal de «Cupida, deusa do amor». O premio a familia máis numerosa foi para Pablo Fernández e o do máis veterano para Turi (Careca).

Os premios especiais consistiron en xamóns e unhas cestas especiales feitas para a ocasión.
Sinalar que os nadadores foron acompañados polos piragüistas do Fluvial Barco que colaboran desde hai anos coa organización do Madrugón. Abren e cerran o traxecto e acompañan aos participantes por si ocurre algún percance. Tamén Protección Civil, GES e a Policía Local colaboran coas tarefas de seguridade.

«Moitas grazas por vir un ano máis. Este ano foi pasado por auga, pero pasámolo ben igual e divertímonos que era do que se trataba, polo tanto o da festa está cumplido e agora uns churros. A desfrutar!»

Vídeo da chegada á praia fluvial e recollida de premios.