lunes. 07.10.2024

Co potente chupinazo que anuncia que os nadadores xa se poden tirar a auga desde A Capitana para chegar ao cabo duns minutos ao Malecón, comeza o día grande das Festas do Cristo.

Saída desde A Capitana, na zona do casco vello:

Unha trintena de agerridas mulleres e tamén  homes non dubidaron en cumprir coa tradición que xa se remonta a decenas de anos. Entre eles o máis veterano que «nin se sabe cantos anos» leva remollándose o día do Cristo nas augas do Sil, Arturo «Careca». Tamén mergullouse na fría auga matutina o concelleiro de Cultura, Aurentino Alonso, os do club Peña Trevinca, os de Spinning Valdeorres ou a familia Anta a agrupación máis numerosa.

Un pingüín e unha serea deron color e animaron a atemperada mañá deste 14 de setembro que coma o resto dos nadadores estiveron ben vixiados por dous padexeiros do Fluvial Barco, Jesús e o seu fillo Brais que este ano estreábase coma vixiante.

Pablo Israel, e a súa dona Grit Hagen foron o primeiro home e muller, respectivamente, en chegar á zona de baño do Malecón —ao pé do Casino do Barco— foi  .  O da categoría dos máis novos en poñer o pé en terra foi Paco e a primeira nadadora menor de 15 anos Martina quen tamén se levou o premio ao mellor disfrace. O Señor pingüín foi o premiado na categoría mellor disfrace masculino.

O xamón co que se agasallaba ao club máis numeroso foi para o Clun ADAS Natación. O mesmo premio levou a familia máis numerosa que foi a dos Anta. Ademáis todos os participantes recibiron un agasallo cando saíron da auga.

O concelleiro de Deportes, Aurentino Alonso e a concelleira de Cultura, Margarida Pizcueta foron os encargados de entregar os premios e a técnico de deportes Kissy Torres, actuou de mestra de cerimonia.

Co chocolate quentiño e os churros rematou este Madrugón que este ano hai que dicir non foi dos máis fríos, máis ben todo o contrario, hasta apeteceu estar a beira do río ás o da mañá.

Entrega de premios e agasallos:

Madrugón, o espertar do día grande das Festas do Cristo no Barco