
Inaugúrase "Castelao Grafista"
Este acontecemento terá lugar mañá, día 10, ás 11.00h na sala ABANCA do Barco de Valdeorras

Ao acto de presentación asistirán a concelleira de Cultura do Barco de Valdeorras, Margarida Pizcueta; o coordinador institucional de ABANCA en Ourense, Mateo Alonso; e a coordinadora institucional de Afundación en Ourense e Lugo, Beatriz Fernández-Anguiano.
Poderase visitar ata o vindeiro 11 de febreiro na Sala ABANCA do Barco de Valdeorras, os venres de 18.00 a 20.30 h; os sábados de 12.00 a 14.00 e de 18.00 a 20.30 h; e os domingos de 12.00 a 14.00 h. A mostra reúne facsímiles da Colección de Arte Afundación, debuxos do álbum Cousas da vida de Castelao, retratos fotográficos, caricaturas e debuxos e portadas de revistas.
Esta mostra está incluída en «Corrente cultural», un programa enfocado á promoción de actividades culturais máis alá das sedes de Afundación. Tamén se enmarca na iniciativa «Cultura por alimentos» que Afundación leva a cabo en colaboración con FESBAL (Federación Española de Banco de Alimentos) e que pretende achegar alimentos de primeira necesidade aos bancos de alimentos locais.