lunes. 16.06.2025

Galaxia presenta no Barco a reedición dos poemarios de Florencio Delgado

O evento será este xoves 17 de febreiro ás 20 horas no Edificio Multiusos do Barco e contará coa intervención de Ricardo Gurriarán e Elva Delgado
Galaxia presenta no Barco a reedición dos poemarios de Florencio Delgado

Case noventa anos despois de que a Editorial Nós publicase o seu primeiro poemario, os versos de Florencio Delgado Gurriarán volven á imprenta e o próximo xoves a Editorial Galaxia presentará no Barco de Valdeorras a reedición de Bebedeira (Editorial Nós, 1934), Galicia Infinda (Editorial Galaxia, 1963) e O soño do guieiro (Ediciós do Castro, 1986).

Trátase dos tres poemarios concebidos como tal por Florencio, quen tamén participou na obra colectiva Cancioneiro da loita galega (PG México, 1943) e coordinou a recompilación da súa obra recollida en Cantarenas (Edicións do castro, 1981).

A Editorial Galaxia decidiu que a presentación destes poemarios fose en Valdeorras e estarán no acto Ricardo Gurriarán e Elva Delgado, ambos familiares do autor. Serán presentados polo alcalde do Barco Alfredo García

Galaxia presenta no Barco a reedición dos poemarios de Florencio Delgado