A Feira do Viño de Valdeorras continúa con moita actividade
Unha cata popular, obradoiro de cociña infantil ou Showcooking con Héctor López, continúa a Feira do Viño de Valdeorras esta xornada de domingo
A Feira do Viño é moito máis que saborear os mágnificos viños amparados pola D.O. Valdeorras. Aínda queda moito día para participar en diferentes actividades programadas pola organización para esta xoranda.
Estes son os horarios e o que podes facer na Feira do Viño de Valdeorras este domingo 9 de xullo.
12:00 horas: Obradoiro de cociña infantil nos Xardíns da Casa Grande. O primeiro turno comezará ás 12:00 horas e o segundo ás 13:45 horas
12:00 horas: Cata Popular dunha selección dos mellores viños da feira, na Casa Grande de Viloira. Actividade gratuita.
20:00 horas: Cata de viños da D.O. Valdeorras maridados cunha selección de pinchos elaborados polo Bar Bajo 5, nos xardíns da Casa Grande
21:00 horas: Showcooking con Héctor López do grupo nove, cociña creativa feita en Galicia, nos xardíns da Casa Grande.
22:30 horas: Entrega de premios da Cata Popular no recinto feiral
Durante toda a xornada do sábado 8 de xullo a Charanga Brexit amanizará a feira con música en directo. O domingo día 9 actuará o Grupo de Cantos de Taberna Os Pándega