martes. 01.07.2025

Novo espazo para a promoción de produtores na Oficina Turística do Barco

Este proxecto nace baixo o lema “Descubre a que sabe Valdeorrasxa que, ademais da exposición, tamén se ofrece degustación dos produtos
somoscomarca_obarco_oficinaturismo_marquesado_miel_2022-01-24
Novo espazo para a promoción de produtores na Oficina Turística do Barco

A Oficina de Promoción de Produtos Tradicionais e Dinamización Turística do Barco de Valdeorras conta desde agora cun espazo físico como escaparate dos mellores produtos da comarca e a súa contorna.

Trátase dun proxecto para a promoción tanto dos produtos como dos produtores, que teñen deste xeito un punto no que dar a coñecer o froito do seu traballo. Este proxecto nace baixo o lema “Descubre a que sabe Valdeorras” xa que, ademais da exposición, tamén se ofrece degustación dos produtos.

«Na oficina non vendemos nin comerciamos, e temos claro que esta non é unha tenda de venda, pero a cata ou degustación dos mesmos axuda a que a xente se anime a coñecer mellor estes produtos» explica Eladio Santos, concelleiro de Turismo. Polo tanto, non se venderán os produtos expostos, pero si porán en contacto ás persoas interesados cos produtores e as súas canles de venta.

A promoción de produtos no escaparate da Oficina de Promoción Turística do Barco irase facendo por orde de entrada da aceptación dos produtores á proposta enviada desde a oficina para ofrecer o espazo, amosando o seu interese en expoñer.

A idea inicial foi dunha produtora que insinuou a posibilidade de que os produtores da zona puidesen expoñer os seus produtos, e materializouse co apoio á iniciativa por parte do Concello do Barco e do Eixo Atlántico. A reposta dos produtores é moi boa, e polo de agora cóntase coa aceptación de seis deles, que poderán ter os seus produtos durante 15 días cada un.

O espazo está polo tanto cuberto ata o mes de maio. Para o concelleiro de Turismo e Promoción Económica ♫a ubicación da nosa oficina, en pleno centro do Barco, é o lugar idóneo para este escaparate, xa que moita xente pasa por diante da oficina cada día, e de seguro que será positivo para todos os produtores».

Novo espazo para a promoción de produtores na Oficina Turística do Barco