jueves. 18.04.2024

O próximo 16 de abril iniciarase un curso de iniciación á informática na aula Cemit do Concello do Barco. Nel poden participar todas as persoas que o desexen, que deberán inscribirse antes do día 13 na propia Aula Cemit.

O curso desenvolverase ata o 4 de maio, os luns, mércores e venres, de 12,00 a 13,00 horas, e dispoñerase en total de 15 prazas.

Curso de iniciación á informática na aula Cemit