jueves. 19.06.2025

Concentración este xoves no Hospital do Barco para esixir solucións urxentes na sanidade comarcal

El sindicato denuncia la falta de especialistas, el abandono de servicios clave como neumología y el silencio administrativo ante la situación sanitaria de Valdeorras
somoscomarca_240207_obarco_manifestacion_sanidadedigna_concentracionhospital (1)
somoscomarca_240207_obarco_manifestacion_sanidadedigna_concentracionhospital (1)

A CIG convoca este xoves, 16 de maio, unha concentración ás 20.00 horas diante do Hospital Público de Valdeorras para denunciar o grave deterioro da sanidade na comarca. O sindicato alerta dunha situación «insostible», cunha de cada tres prazas de facultativo sen cubrir e listas de espera que triplican ás doutros centros da provincia.

«Pasamos de ter un pequeno gran hospital ao peor da provincia», asegura Suso Vilasánchez, delegado da CIG, que lembra que Valdeorras «é o epicentro da silicosis no Estado español» e, sen embargo, o hospital carece de servizo de neumoloxía. Segundo denuncia, podería habilitarse xa cunha das prazas vacantes de medicina interna, pero «non o queren facer, é unha decisión política».

Vilasánchez tamén chama a atención sobre a falta de resposta da administración ante cuestións como o funcionamento do TAC, as reclamacións dos pacientes ou os estudos sobre a prevalencia da silicosis. «Só atopamos silencio ou escusas informáticas», afirma.

A concentración coincide cun momento de máxima preocupación na comarca. Desde Asilival, a asociación que agrupa a estes pacientes, xa teñen advertido da situación e apoian a mobilización.

«Queremos que se note o cabreo da xente. A cidadanía debe mobilizarse porque hai solucións inmediatas que se poden aplicar mañá mesmo. Só fai falta vontade política», conclúe Vilasánchez.

Concentración este xoves no Hospital do Barco para esixir solucións urxentes na...