
O Concello de O Barco instalará equipamento contra incendios en todos os núcleos rurais
Os interesados poden presentar as súas ofertas ata o día 28 de agosto. Esta primeira fase do proxecto ten un custo de arredor 25.000 euros

Os interesados poden presentar as súas ofertas ata o día 28 de agosto. Esta primeira fase do proxecto ten un custo de arredor 25.000 euros
O Concello do Barco instalará armarios con mangueiras contra incendios en todos os núcleos rurais do municipio entre este ano e o que ven. O custo da primeira fase do proxecto, co que se pretende que a meirande parte dos pobos do concello dispoñan de medidas para defenderse contra os lumes, é de preto de 25.000 euros.
No próximo exercicio completarase a instalación en todos os núcleos de poboación do municipio. Na sede electrónica está publicado o concurso para a subministración e a instalación dos primeiros 21 armarios, que se queren instalar este ano.
Os interesados poden presentar as súas ofertas ata o día 28 de agosto, incluído, e o adxudicatario disporá de 20 días para facer a entrega e instalación dos materiais.
Os armarios instalaranse en cada poboación, —cada núcleo disporá dun ou dous, dependendo do seu tamaño— nos lugares máis adecuados para que cumpran co obxectivo de servir como primeira defensa, en caso de lumes ou incendios, ata a chegada dos servizos de emerxencias.
Ademais estarán conectados a bocas de incendios, e cada un contará con dúas mangueiras de 45 milímetros e 30 metros de lonxitude, redutores, chaves de aperturas de hidrantes e lanzas.