miércoles. 26.11.2025

O comercio de Valdeorras activa o Venres Negro con descontos en 26 establecementos

En total, 26 comercios da vila participarán nesta campaña, ofrecendo descontos en produtos de tempada para incentivar as vendas nestas semanas previas ao Nadal
somoscomarca_20241126_anadelapuente_blackfriday (1)
O comercio de Valdeorras activa o Venres Negro con descontos en 26 establecementos

O Barco de Valdeorras acenderá este venres 28 de novembro a súa particular antesala da campaña de Nadal coa celebración do Venres Negro, unha iniciativa promovida polo Centro Comercial Aberto (CCA) O Barco para dinamizar as compras no municipio. A edición deste 2025 chegará, ademais, cun ampliación do horario de apertura, co obxectivo de facilitar que máis veciños e visitantes se acheguen ás tendas ao longo da xornada.

En total, 26 comercios da vila participarán nesta campaña, ofrecendo descontos en produtos de tempada para incentivar as vendas nestas semanas previas ao Nadal. A proposta busca reforzar a actividade comercial local nun dos días de maior movemento do ano.

Os establecementos de O Barco que se suman ao Venres Negro son: Ana de la Puente, Ana Óptica, Baamonde, Bico Salón, Boutique Glory, Can Can, Casabella, D’Chus, Eneska, Esesncia Arabe, Eva Textil, Foot on Mars, Garatuxa, Garoba, Klaus, Koki, M&Y Beauty Salón, Mercería Carmiña, Miranda X, Montglam, N 37, O Bamban dos Sorrisos, Rocinante Blanco, Suá, Ton y Són e Trios 2.0. 

O CCA destaca que esta xornada representa unha oportunidade para «dar un impulso á economía local» ao tempo que se ofrece aos consumidores «unha ocasión perfecta para adiantar as compras de Nadal con prezos máis atractivos».

O comercio de Valdeorras activa o Venres Negro con descontos en 26 establecementos