Hoxe venres día 24 de maio se celebra o Día Europeo dos Parques Naturais, e os escolares de quinto de primaria do CEIP Condesa de Fenosa o festexaron visitando o Parque Natural da Serra da Enciña da Lastra.
Neste espazo da natureza descubriron as especies de flora e fauna «que caracterizan a este parque, fixemos a ruta das Dúas Vertentes, xantamos no Alto da Escrita e realizamos varios obradoiros no Centro de Interpretación», contan dende o centro. «Todas estas actividades na aldea e na serra de Biobra».
Ademais incidiron na riqueza deste parque natural «respectando o medio para conseguir preservalo e protexelo para o futuro».