"Chocolatada" do colexio Condesa de Fenosa recibe un premio
11 de julio de 2024 (11:52 h.)
A curta de animación creada no marco do programa "Nós tamén creamos!" foi recoñecida cun accésit na categoría 3º e 4º de Educación Primaria
O pasado 6 de xuño o colexio Condesa de Fenosa estreou ás dúas curtas de animación dentro do Plan Proxecta: "Nós tamén creamos". Proxecto que se realizou nos Polos Creativos do centro educativo co alumnado de 1º, 2º e 3º de primaria.
Dende o colexio propoñen iniciativas para mellorara a calidade da educación que se presta ao alumnado, entón, este ano un grupo de docentes propuxéronse como obxectivo desenvolver este traballo de gravación co alumnado.
Un destes proxectos era "Chocolatada". Esta curta de animación foi recoñecida cun accésit na categoría 3º e 4º de Educación Primaria. Sendo o único centro distinguido da provincia de Ourense.