
O CD Barco abre a liga e pecha a tempada como campión cunha ofrenda a Santa Rita
O Club está a vivir un día de festa e orgullo, que culminará cunha rolda polas rúas e música en vivo

O Club Deportivo Barco e toda a súa afección están a vivir un día memorable tras conseguir o ascenso á Terceira RFEF e alzarse co trofeo de campión de liga. A celebración comezou na igrexa de Santa Rita, onde, ao final da misa dominical da 12:30 horas, o párroco Jesús Álvarez Álvarez, un afeccionado ao fútbol e ao club, recibiu ao equipo que logrou este importante logro. Os nenos foron os encargados de levar o trofeo, acompañados polos xogadores, o corpo técnico e a directiva, que entraron na igrexa entre aplausos.
Na súa intervención, o párroco felicitou ao equipo polos seus éxitos e deu a palabra ao presidente do club, Nilo Ramos, despois dunha emotiva canción dedicada polos nenos da cataquese. A festa continurá pola tarde cunha rolda polas tabernas da vila, e ás 17:15 horas comezará a tradicional Ruada do Campión, onde o equipo percorrerá as rúas do Barco ao ritmo da música dos DJs Karayan e Dani Argü.
Para rematar o día, a celebración estenderase polos distintos bares da vila, onde a festa continuará ata que o corpo aguante, nunha auténtica mostra de alegría e orgullo.