jueves. 05.06.2025

A Casa Grande de Viloira acolle un taller para mellorar a produtividade dos emprendedores

Organízao o Polo de emprendemento e apoio ao emprego do Barco. Vai ter lugar o venres 26 de abril ás 11:00 horas
Iago Fraga - Inspiro 2023
Iago Fraga nunha conferencia no ano 2023.

O Salón de Actos da Casa Grande de Viloira acollerá un obradoiro para a mellora da produtividade das persoas emprendedoras, organizado polo Polo de emprendemento e apoio ao emprego de O Barco. Estará impartido por Iago Fraga, consultor valdeorrés experto en produtividade empresarial. 

O obxectivo da xornada é interactuar cos participantes para que melloren a súa «propia capacidade de producir resultados». O obradoiro dividirase nunha primeira parte teórica «na que se pretende descubrir un novo marco para producir nunha empresa»; e unha segunda parte práctica «para aplicar os primeiros conceptos co seu propio negocio ou como persoa». 

O taller arrincará ás 11:30 horas, e até as 13:15 Iago Fraga incidirá na obtención de «mellores resultados facendo menos (e non máis) traballando con técnicas e ferramentas necesarias». Pechará a xornada a exposición das conclusións e un espazo de networking con petiscos ás 13:30 horas. 

Para máis información e inscricións pode consultarse o portal web do Polo de emprendemento

A Casa Grande de Viloira acolle un taller para mellorar a produtividade dos emprendedores