A Casa Grande de Viloira acolle un taller para mellorar a produtividade dos emprendedores
O Salón de Actos da Casa Grande de Viloira acollerá un obradoiro para a mellora da produtividade das persoas emprendedoras, organizado polo Polo de emprendemento e apoio ao emprego de O Barco. Estará impartido por Iago Fraga, consultor valdeorrés experto en produtividade empresarial.
O obxectivo da xornada é interactuar cos participantes para que melloren a súa «propia capacidade de producir resultados». O obradoiro dividirase nunha primeira parte teórica «na que se pretende descubrir un novo marco para producir nunha empresa»; e unha segunda parte práctica «para aplicar os primeiros conceptos co seu propio negocio ou como persoa».
O taller arrincará ás 11:30 horas, e até as 13:15 Iago Fraga incidirá na obtención de «mellores resultados facendo menos (e non máis) traballando con técnicas e ferramentas necesarias». Pechará a xornada a exposición das conclusións e un espazo de networking con petiscos ás 13:30 horas.
Para máis información e inscricións pode consultarse o portal web do Polo de emprendemento.