O BNG propón a creación dunha Valedoría de Igualdade no pleno de O Barco

O BNG propón a creación dunha Valedoría de Igualdade no pleno de O Barco de Valdeorras
A moción, presentada polo portavoz do grupo municipal do BNG, Manuel Agra Villar, destaca a necesidade de ferramentas concretas para garantir que os dereitos recoñecidos na lexislación se cumpran na vida diaria

O pleno do Concello de O Barco de Valdeorras debaterá este xoves, 6 de marzo, unha moción presentada polo BNG na que se solicita á Xunta de Galicia a creación dunha Valedoría de Igualdade. O obxectivo deste organismo sería actuar como unha autoridade independente que asesore e asista á cidadanía ante posibles situacións de discriminación por razón de xénero no ámbito privado, así como impulsar medidas de protección da igualdade.

A moción, presentada polo portavoz do grupo municipal do BNG, Manuel Agra Villar, destaca a necesidade de ferramentas concretas para garantir que os dereitos recoñecidos na lexislación se cumpran na vida diaria. Segundo o texto, a Valedoría de Igualdade tería funcións de investigación, asesoramento, mediación e elaboración de propostas de sanción, co fin de promover o cumprimento do principio de igualdade.

O BNG argumenta que a desigualdade de xénero segue a ser unha realidade preocupante, cunha fenda salarial persistente, a feminización da pobreza e unha infrarrepresentación das mulleres nos tramos de maiores ingresos. Ademais, denuncia o avance de posicións reaccionarias que cuestionan a existencia da violencia machista. A proposta inclúe tamén unha chamada ao apoio ás mobilizacións feministas e ás súas reivindicacións.

Outros asuntos do pleno

Ademais desta moción, o pleno abordará unha serie de asuntos de xestión municipal. Entre os puntos destacados da orde do día figuran: Compatibilidade de segundas actividades co a proposta da Alcaldía para autorizar a compatibilidade dalgúns traballadores municipais con segundas actividades profesionais; el Plan de Medidas Antifraude (aprobación do plan municipal para a prevención e detección de fraudes na xestión de fondos públicos); Recoñecemento Extraxudicial de Crédito (Aprobación dunha relación de 170 xustificantes de gasto por un importe bruto de 152.209,04 euros); Ordenanza de saneamento e depuración de augas residuais (Delegación de competencias no Consorcio de Augas de Valdeorras para a redacción, tramitación e aprobación da normativa); y la Relación de Postos de Traballo.

Na parte de control, tamén se dará conta dos decretos da Alcaldía emitidos en febreiro, así como das actas das xuntas de goberno local e de posibles discrepancias con informes de intervención. O pleno concluirá co habitual apartado de rogos e preguntas.