
O BNG reclama o comezo das obras na base de helicópteros de Vilanova

A deputada do BNG, Noa Presas, achegábase na mañá do mércores día 1 de agosto a Valdeorras para avaliar a prevención de incendios, nunha intervención convocada de novo dende a base de helicópteros de Vilanova, en O Barco. A avaliación chega no ecuador do verán, «dende BNG queremos denunciar este primeiro día de agosto, a absoluta hipocresía e neglixencia da Xunta de Galicia, especialmente con esta comarca, porque vemos cómo ese dictame fraude da comisión dos lumes, non da medidas xa para este verán despóis do que esta comunicade tivo que pasar en outubro».
Sinala a deputada nacionalista directamente ao deputado popular Moisés Blanco, cando explica que «estamos comprobando in situ que na base de vilanova que as obras que dende o PP dixeron que ían comezar inmediatamente non se teñen comezado e queremos denunciar esta situación e apremiar á Xunta que se deixe de demagoxia e que se poña a traballar dunha vez por todas antes de que sexa tarde e antes de que teñamos un agosto negro».