O Barco volve apoiar ó pobo palestino
22 de marzo de 2024 (18:13 h.)
Varias persoas reuníronse onte enfronte do concello do Barco de Valdeorras para mostrar o seu apoio a Palestina
Pasaron xa cinco meses e case 300 convocatorias en cidades e vilas por toda Galicia, «exixindo unha acción real dos nosos gobernos», aseguran na lectura do manifesto.
«Frente a hipocrisía e ás mentiras, frente ao ocupante sionista, o pobo palestino non se rende. Resiste en Gaza e na Cisxordania. Resiste nos Territorios Ocupados, en Xerusalén Leste e tamén na diáspora», líase.
Por isto, volveron convocar outra xornada de mobilizacións por toda Galicia para o 3 de abril. Tamén «novas accións de solidariedade por todo o país que se irán concretando nos próximos días. Polo fin do xenocidio e a vitoria definitiva do pobo palestino».