Un manifesto e o apoio a Palestina en O Barco
Pasaron xa tres meses dende de iniciaba o conflito entre Israel e Palestina. O mércores, día 10 de xaneiro, baixo a chuvia, líase o manifesto para apoiar o pobo de Palestina dende a praza do Concello de O Barco de Valdeorras. O 12 de decembro facíase a última concentración, pero
«Hoxe voltamos ás rúas cunha convocatorias en 24 localidades galegas», así comezaba o manifesto leido esa fía noite. Xa van máis de 200 convocatorias de mobilización nas rúas, accións simbólicas, boicotes e denuncias públicas dos aliados do sionismo «deixan claro que o pobo galego está coa Palestina e a súa loita», asegúrase.
Este foi un manifesto no que se exixiu tanto a Xunta de Galicia como a Unión Europea. Así foi o escrito: «Da Xunta de Galiza exiximos pronunciamentos claros e deixar de xogar á irrelevancia mentres sostén os contratos do capital israelita na Galiza e comanda misións económicas para alargar as relacións bilaterais cos xenocidas».
Pola súa parte, a Unión Europea reclámaselle: «A demisión de Ursula von de Leyen e de Josep Borrell e a reorientación inmediata das directrices diplomáticas que até o de agora tiveron como único obxectivo blindar os intereses sionistas en Europa e criminalizar non só a Palestina que resiste como tamén a propia solidariedade coa Palestina.
Para rematar, anunciábanse novas convocatorias para o vindeiro 24 en diferentes localidades do país.