
O Barco segue apoiando o pobo palestino
Varias persoas reuníronse onte enfronte do concello do Barco de Valdeorras para mostrar o seu apoio a Palestina

Varias persoas reuníronse onte enfronte do concello do Barco de Valdeorras para mostrar o seu apoio a Palestina
Pasaron xa seis meses desde que se iniciou o conflito entre Israel e Palestina. Onte, na Praza do Concello do Barco de Valdeorras, tivo lugar unha reunión para amosar o apoio ao pobo palestino.
No manifesto lido asegurouse que «seis meses despois do inicio desta última fase da agresión, todo o mundo ten claro que o que acontece na Palestina é un xenocidio». De feito, explícase que «o estado sionista, deixou máis de 34 mil vítimas mortais, 76.000 persoas feridas e mutiladas e 2 millóns de desprazadas que hoxe enfrontan a fame, usada como arma de guerra».
Durante esta concentración convocaron «unha cita importante para próximo para o próximo domingo 21 de abril ás 11:00». Para poder levala a cabo «precisamos todas as mans posíbeis. Entre todas as asistentes construiremos un mosaico humano coa bandeira palestina. Por iso pedimos que vos anotedes enviando os vosos datos a mosaicodia21@gmail.com ou buscando o código QR nos perfís das redes sociais».