O Concello de O Barco sacará varias bolsas de emprego para cubrir futuras baixas laborais. Unha delas é a de director de gardería, que malia que xa existiu no seu momento, deixou de estar en vixencia.
O Boletín Oficial de Provincia (BOP) xa se fai eco desta convocatoria, á que se recurrirá para cubrir as baixas que se produzan na gardería municipal. O rexedor barquense, Alfredo García, sinalou que "al menos queremos garantizar que si alguien se pone enfermo y causa baja, por lo menos se pueda cubrir la plaza".
Esta bolsa de emprego de director de gardería non será a única que propoña o concello, xa que García tamén anunciou que están traballando na creación de bolsas de emprego para xardineiros, peóns e oficiais de primeira e para a brigada de obras. Ademais, sinalou que é probable que tamén saia unha bolsa de emprego para un axuliar administrativo.
Este anuncio de modificacións no plantel municipal únese ao de fai uns días, cando o concello decidía, en pleno extraordinario, crear unha nova praza de adxunto de secretaría.
O Barco colabora conxuntamente coa Deputación de Ourense en torno á Relación de Postos de Traballo (RPT) e está a traballar no convenio de traballadores.