Os libros protagonistas esta fin de semana no Malecón do Barco

A Feira do Libro do Barco trae a zona alta do Malecón múltiples actividades, sobre todo para os máis pequenos, e presentación e sinatura de libros durante as xornadas matinais e de tarde

As 12.00 horas daba comezo unha nova edición da feira do libro, organizada polo Concello do Barco e a Asociación Vagalume. Desde primeira hora a xente animouse a acudir esta cita coa cultura. Non faltou o alcalde, Alfredo García e a concelleira, Margarida Pizcueta que deron unha volta pola parte alta do Malecón, na zona do Casino, onde está situada a feira.

García y Pizcueta esta mañá na feira do libro do barco

Distintas actividades, presentacións e firmas na xornada de mañá. Así, os mais pequenos puideron asistir ao contacontos de Ana Meilán e os non tan novos á presentación e firma do libro de Carlos Fidalgo, «El baile del fuego».

Carlos Fidalgo asinando un dos exemplares

Pola tarde de 18.00 a 19.00 horas presentación e sinatura do libro do monfortino e ligado ao Barco, Fernando Hernández, «Gotas de Esperanza». Ás 19.00 horas será a valdeorresa, Mencía Yano quen presente a súa obra úa obra «Pintando Nueva York» e a partires das 20.00 horas Christian Barrio presenta e asina «El último guardia de la Mina de Valborraz».

Isabel Gavela no posto de Librería Praxis, unha das poucas librerías de O Barco que acudiu á cita

Na xornada de mañá domingo, 29 de abril a partires das 11.30 horas, dous obradoiros de iniciación ao «lettering» para nenos e nenas maiores de oito anos. O aforo máximo é de 10 nenos cada hora e, é preciso inscribirse previamente.

Os pequenos na actividade de contacontos

O escritor de Arcos, David Daniel Vázquez, vai ser o que presente e asine o seu libro «Contos ao carón dunha lareira» na xornada de mañá, a partires das 13.00 horas e na da tarde desde as 19.00 horas a sinatura de «destino» faraa H. Puri Escuredo.

O calor fíxose notar cara ao mediodía

Sen dúbida o espectáculo cultural ao que non se pode deixar de asistir será o que está programado ente as 17.00 e as 18.00 horas. Un obradoiro de experimentos do «Profesor 10 de mates». Despois desta festa de números e lóxica presentación e sinatura de  «El libro de experimentos abracadabrantes de Hugo Comas».