O Barco botouse á rúa dentro dun disfraz

s
)
Máis de 700 persoas e 21 comparsas encheron as rúas Conde de Fenosa e Marcelino Suárez neste desfile deste Martes de Carnaval

Co sol alumando e quentando nun martes de Entroido perfecto, o corpo pedía saír á rúa… e O Barco de Valdeorras respondeu como hai que facer neste tempo, con disfraces, música e moitas ganas de pasalo ben.

O desfile encheu as rúas con 21 comparsas e máis de 700 participantes, nun percorrido que comezou na zona do hospital e rematou nas inmediacións da Praza Maior. A resposta foi cualificada como «moi positiva» polo rexedor e, «similar á de anos anteriores, aínda que con grupos máis numerosos e moito ambiente

Houbo de case todo: piratas e xaponeses, enfermos… e ben sans, coches de choque, cisnes, pintores de medio pelo e famosos de dubidosa reputación. Ah! E unhas pitas moi revolucionarias. O importante era rir, compartir e esquecer as présas por un rato… e a misión, desde logo, cumpriuse.

Agora tócache a ti:

A ver se te atopas entre as fotos, tanto se ias na comparsa como se estabas de espectador.

Tamén tes un vídeo. Bótalle unha ollada!